# Le Parody

> Data as of: 2026-06-13T09:18:41.294Z

**Date:** viernes, 28 de noviembre de 2025
**Time:** 9:00 PM

**Location:** Plaza Margarita Xirgu, Pozuelo De Alarcon, Spain
**Address:** Plaza Margarita Xirgu - (teatro libre / institut del teatre), Spain

**Category:** music
**Price:** Entradas: https://entradium.com/es/events/le-parody-lugo

## Description

Con moita ledicia anunciámosvos que o vindeiro venres 28 de novembro todo un referente do flamenco-electrónica estará na nosa cidade leparody é o proxecto musical de Sole Parody, cantante e compositora andaluza que combina nas súas cancións pop escuro, folclores tribais, flamenco e electrónica de baile. Entre o tecnolóxico e o melodramático, usando sílabas en castelán, estruturas sen retrouso e só instrumentos que caiban nunha maleta de man, conecta con infinitas influencias esvaecidas, dos Andes á India pasando polos desertos do norte de África. Fai cancións de amor e desamor, de revolucións, corpos, bailes. Cancións que “soan familiares” pero “non se parecen a nada”. A música que conecta os puntos entre Björk e Julieta Venegas. A que cabería no oco que separa unha verbena dunha rave. Non menos xenuíno que as súas composicións é o seu singular formato de directo: Sole combina o manexo de sampler e pedais, mesturando en vivo as distintas capas de loops que compoñen as súas cancións, coa presenza dunha atípica cantautora folk, valéndose de voz e electrónica para tecer melodías e ambientes que arrastran á audiencia ao baile. Do frío ao lume. De casa ao descoñecido.
Entradas: https://entradium.com/es/events/le-parody-lugo

**Coordinates:** 40.463667, -3.74922

---

**Source:** [View full event on VAMOS](https://www.vamoseventos.com/event/le-parody-dba56f5d-2416-448b-a1b7-19f3770fa98d)

*Powered by [VAMOS](https://www.vamoseventos.com) — Event discovery for Latin America*